InicioEconomíaAs auxiliares acredoras de Barreras negociarán o cobro das débedas do estaleiro

As auxiliares acredoras de Barreras negociarán o cobro das débedas do estaleiro

Asime e Uninaval insistiron na importancia de "manter no estaleiro, na medida do posible, os proxectos contratados".

PUBLICADO O

A sociedade mercantil Uninaval, constituída por unha trintena de auxiliares acredoras de Hijos de J. Barreras, será a encargada de negociar o cobro das débedas que o estaleiro ten con estas empresas.

Así o trasladaron fontes da Asociación de Industriais Metalúrxicos, Asime, que tamén precisaron que os aspectos técnicos e organizativos das obras que se están levando a cabo no estaleiro serán acordados “individualmente” entre cada empresa e a nova dirección de Barreiras.

Por outra banda, tanto Asime como a propia Uninaval insistiron na importancia de “manter no estaleiro, na medida do posible, os proxectos contratados polos armadores Havila e Grupo Armas”, e subliñaron que a industria auxiliar “ten a capacidade e potencial suficiente para finalizar con éxito esas construcións axiña que como o estaleiro conte cun plan de viabilidade adecuado”.

Finalmente, reiteraron a súa “satisfacción” polo acordo anunciado por PMI (filial de PEMEX e accionista maioritario do estaleiro) e grupo Albacora con Ritz Carlton, para que esta se faga co control do estaleiro, á vez que puxeron en valor o seu “commpromiso económico, de dirección e control”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...