A Garda Civil interceptou na peaxe da AP-9 no Porriño (Pontevedra) un transporte de case 400 quilos de pescada que circulaba ilegalmente pola autoestrada. No transcurso do mesmo operativo incautouse tamén algo máis de 300 cigarros puros de contrabando.
Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon este martes martes na peaxe do Porriño, no transcurso dun control selectivo dos vehículos que circulaban pola AP-9, no que participaron efectivos da Patrulla de Fiscal e Fronteiras e a de Seguridade Cidadá da Compañía de Vigo.
Nun dos vehículos inspeccionados, un camión conducido por un veciño de Ribeira de 33 anos, a Garda Civil puido comprobar que transportaba produtos da pesca e entre eles un lote de 40 caixas de plástico que contiñan 384 quilos de pescada. “As caixas carecían da etiquetaxe propia destes casos e a pescada non ía amparada polo preceptivo documento de acompañamento”, puntualizaron as mesmas fontes.
PUROS
No marco do mesmo dispositivo interceptouse un turismo, conducido por un veciño de Barcelona, que transportaba 386 cigarros-puros de importación no maleteiro “sen a documentación que debería amparar a súa circulación e tenencia”, apuntaron as mesmas fontes.
A Patrulla Fiscal procedeu á aprehensión e depósito dos puros nos almacéns de Loxística de Pontevedra e tramitou a correspondente acta por unha infracción de contrabando, que se remitiu á Administración de Aduanas e Impostos Especiais desta cidade.