Ribera Salud asume a xestión do Hospital Povisa

O grupo sanitario formalizou a adquisición do 93 por cento do accionariado, que correspondía ao grupo Nosa Terra XXI.

Povisa / © Miguel Núñez.

Ribera Salud, cuxo accionista maioritario é o grupo estadounidense Centene Corporation, asumiu este martes a xestión do Hospital Povisa de Vigo tras percibir as autorizacións administrativas correspondentes.

Tal e como trasladou o hospital da cidade olívica nun comunicado, así, o grupo sanitario formalizou a adquisición do 93 por cento do accionariado, que correspondía ao grupo Nosa Terra XXI.

Deste xeito, Ribera Salud aspira a “diversificar” o seu campo de actividade mediante a súa inserción no maior hospital privado de Galicia, que conta con 573 camas e 1.500 profesionais.