InicioEconomíaVigo acollerá unha incubadora que apoiará a saída ao mercado de proxectos...

Vigo acollerá unha incubadora que apoiará a saída ao mercado de proxectos innovadores da automoción

PUBLICADO O

- Advertisement -

A nova incubadora de alta tecnoloxía para o sector da automoción High Tech Auto (HTA), situada en Vigo, abriu a súa primeira convocatoria para apoiar o desenvolvemento de iniciativas innovadoras de face á súa saída ao mercado e a súa posterior consolidación.

Segundo trasladaron en senllos comunicados a Xunta e a Zona Franca de Vigo, impulsoras da iniciativa, cofinanciada con fondos europeos, o prazo para a presentación de proxectos foi aberto este venres e finalizará en febreiro de 2020.

Esta incubadora, situada nas instalacións da Zona Franca en Bouzas, busca complementar o traballo desenvolvido pola Business Factory Auto (BFAuto) dun modo previo e centrarase en proxectos do sector da automoción e a súa industria auxiliar. Así, as ideas ou tecnoloxías serán apoiadas e aceleradas “desde a súa semente” para “construír un modelo de negocio de innovador ao redor delas” enfocado na súa saída ao mercado e a súa posterior consolidación.

Deste xeito, a HTA aspira a complementar o ámbito da innovación da área e favorecer a transferencia de tecnoloxía desde o ámbito académico e tecnolóxico ás empresas co obxectivo de consolidar a Industria 4.0.

Para iso, os proxectos participantes contarán con servizos de apoio que lles permitirán transformar os seus modelos de negocio, así como con espazos para a incubación, un laboratorio de fabricación e servizos dixitais e tecnolóxicos de automoción.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...