Unha colisión múltiple sáldase cunha persoa ferida en Redondela

.

Garda civil e bombeiros na autovía © Miguel Nuñez

Unha colisión múltiple con catro turismos implicados rexistrada na mañá deste luns saldouse cunha persoa ferida no termo municipal de Redondela (Pontevdra).

Segundo informou o 112 Galicia, este accidente tivo lugar ás 8,00 horas deste luns á altura do punto quilométrico 141 da estrada N-550.

Tras ter constancia dos feitos a través dunha chamada dos servizos sanitarios, por parte do 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil de Tráfico, dos membros de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da vía.