InicioSucesosDetidos en Vigo dúas persoas tras a erradicación dun punto de venda...

Detidos en Vigo dúas persoas tras a erradicación dun punto de venda de drogas na zona de Travesía

Na súa detención, os axentes policiais incautaron cantidades de haxís, marihuana e cocaína, así coma diñeiro en efectivo.

PUBLICADO O

A Policía Nacional detivo en Vigo a un home e a unha muller de 20 e 28 anos de idade, respectivamente -de nacionalidade española e con domicilio na localidade pontevedresa de Redondela- como responsables dun presunto delito contra a saúde pública despois de que os axentes erradicasen un punto de venda de drogas na zona de Travesía.

Tal como informou a Policía nun comunicado, a investigación iniciouse a principios deste mes de novembro, tras ter coñecemento por investigacións previas da posible existencia dun punto negro de venda de drogas na contorna de Urzáiz-Travesía.

Así, comprobouse que era habitual o paso de toxicómanos pola zona, “co incremento de inseguridade que iso levaba para os veciños” sinalan as fontes policiais. “Durante a investigación, os axentes observaron que os compradores esperaban nunha serie de puntos predeterminados na Travesía de Vigo, Jenaro de la Fuente, Aragón e Buenos Aires, ata a chegada dunha parella coa que realizaban un rápido intercambio para a continuación, marcharse do lugar”, explicaron as mesmas fontes.

DETENCIÓN

Para a súa detención levouse a cabo un “amplo dispositivo”. Varios indicativos se puxeron estratexicamente polas inmediacións da zona. Desta maneira, pasaban poucos minutos das 00:30 horas da madrugada cando os axentes despregados observaron á parella cando chegaba para realizar unha venda.

“Nese momento a parella foi abordada polos policías e fixéronlles un cacheo preventivo de seguridade e unha requisa do vehículo. Interviron unha importante cantidade de haxís, marihuana e cocaína, así como diñeiro en efectivo“, indicou a Policía, quen especificou que non constaban antecedentes previos a ningún dos detidos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...