InicioEconomíaO VIII Salón CarOulet de Vigo reunirá un milleiro de coches de...

O VIII Salón CarOulet de Vigo reunirá un milleiro de coches de ocasión no Ifevi este fin de semana

PUBLICADO O

O VIII Salón CarOulet de Vigo reunirá un milleiro de coches de ocasión no Instituto Feiral da cidade olívica, nun evento que se celebrará este fin de semana e no que se esperan case 20.000 visitantes.

O certame foi presentado este martes en rolda de prensa, e os seus organizadores confirmaron que, como cada ano, os concesionarios oficiais envorcáronse “para liquidar os seus stocks de vehículos automatriculados, seminovos, de xerencia, ‘quilómetro cero’ ou de frotas de aluguer.

O Salón ocupará os pavillóns 1 e 2 do Ifevi cun milleiro de coches (entre vehículos en exposición e reposicións), e abrirá as súas portas este venres ás 16,00 horas, e ata as 21,00 horas. O sábado e o domingo o horario será de 11,00 a 20,00 horas.

A entrada custará 2 euros, aínda que os menores de 10 anos poderán acceder gratuitamente. A organización doará a metade da recadación a Aldeas Infantís SOS de Galicia.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...