InicioSociedadeSabes cal é a mellor tapa de Vigo?

Sabes cal é a mellor tapa de Vigo?

Chámase 'Bagoaz' e gañou co premio á Mellor Tapa na sexta edición do 'Petisquiño'.

PUBLICADO O

A tapa ‘Bagoaz‘, elaborada por La Carpintería Gastrobar Restaurante, alzouse este luns co premio á Mellor Tapa da sexta edición do Concurso ‘Petisquiño’ organizado pola Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra e no que colaboraron Adegas Grandes Pagos (Fraga do Curvo), Vive Vigo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo.

Así, este establecemento será premiado con asistir ao Salón Gourmet, así como cunha bolsa de viaxe valorada en 500 euros, segundo deu a coñecer este luns na entrega de premios levada a cabo no Mercado do Progreso.

Nesta edición, tal como informaron nun comunicado os organizadores, participaron un total de 52 establecementos hostaleiros e a elección dos gañadores foi determinada polos resultados obtidos, por unha banda, das valoracións dun xurado profesional e, por outro, dun xurado popular.

Desta maneira, o premio á Tapa máis Tradicional levouno Pura & Concha, mentres que a Tapa máis Innovadora foi a de Trepia Gastronomía. Pola súa banda, A Central Gastro elaborou a Tapa con Mellor Presentación e a Máis Popular fíxoa A Pintxoteca.

En canto ao premio á Mellor Tapa, o quinto posto foi para María Manuela, o cuarto para A Culler de Teresa, o terceiro para calma Chicha e en segundo lugar situouse Nikko Espazo Gastronómico.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...