InicioMedio Ambiente e PatrimonioA riqueza das rías e o cambio climático, protagonistas na Semana da...

A riqueza das rías e o cambio climático, protagonistas na Semana da Ciencia en Vigo e Pontevedra

O CSIC organiza unha serie de actividades divulgativas nas dúas cidades ata o 24 de novembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pontevedra e Vigo son as dúas cidades nas que se concentrarán ata o vindeiro domingo 24 de novembro as actividades que deseñou o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para conmemorar a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía 2019.

En Vigo, o Instituto de Investigacións Mariñas, coa colaboración da Delegación do CSIC en Galicia, únese á Semana da Ciencia e a Tecnoloxía co taller ‘Caballitos de mar: unha familia moi singular‘. A actividade terá lugar en casa do Patín (C/ Eduardo Cabelo, 41a) e diríxese ao público familiar e infantil e non require reserva previa.

“O seu obxectivo é que os participantes descubran como viven os caballitos de mar e os peixes pipa. Pretendemos así dar a coñecer as principais especies de signátidos que habitan nas costas galegas, mostrar á sociedade a riqueza ecolóxica das rías e pór en valor o traballo dos grupos de investigación que traballan na conservación da biodiversidade mariña”, explicou o vicedirector de Cultura Científica do IIM, José Pintado Valverde.

A iniciativa desenvolverase en dous bloques: de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas poderase visitar unha exposición de láminas de signátidos das costas galegas e de 17:30 a 18:30 horas terá lugar o taller.

PONTEVEDRA

O Liceo Casino de Pontevedra acollerá este martes, 19 de novembro, ás 19,00 horas, a conferencia ‘Cambio climático no mar de Galicia: unha visión desde a química’, que estará a cargo do profesor de investigación do Instituto de Investigacións en Materiais (IIM), Xosé Antón Pérez Salgado.

Como actividade complementaria, o Liceo albergará o mesmo día unha exhibición de diversos materiais de plantas e de estudo do seu valor alimenticio, unha actividade de análise de alimentos de orixe vexetal da Estación Fitopatológica de Areeiro e unha sesión de degustación de faba de Lourenzá e outros produtos galegos.

Así mesmo, a exposición cos traballos que optan aos premios de ‘A Química na nosa vida cotiá’ pódese visitar de forma gratuíta a partir deste luns e ata o venres 22 en horario de 10,00 a 22,00 horas tamén no Casino pontevedrés.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...