InicioSociedadeDetidos dous homes responsables de varios roubos con forza en locais da...

Detidos dous homes responsables de varios roubos con forza en locais da zona de Bouzas

Aos detidos constábanlles máis de 22 antecedentes policiais totais, sendo varios deles por feitos similares ao descrito.

PUBLICADO O

A Policía Nacional detivo a dous homes, de 33 e 26 anos de idade, de nacionalidade española e con domicilio en Vigo, como presuntos autores de catro delitos de roubo con forza cometidos en establecementos comerciais da zona de Bouzas. Tal como indicou a Policía nun comunicado, a investigación iniciouse tras unha tentativa de roubo nun restaurante do barrio de Bouzas. Mentres se seguían varias liñas de investigación, tívose constancia doutros dous roubos máis cometidos na mesma zona.

“En todos os casos había un gran número de coincidencias, que fixeron pensar aos investigadores que o autor, ou autores, podería ser a mesma persoa”, destacaron os axentes. Tras analizar as probas, decatáronse de que todos os sucesos mantiñan unhas pautas temporais e de actuación “similares”, ademais de que en todos os casos o botín centrábase en botellas de licores concretos e no diñeiro da caixa ou máquinas.

Xa avanzada a investigación xurdiu outro caso similar, o que permitiu aos axentes porse tras a pista de dous “vellos coñecidos”, polo que se elaborou un dispositivo encamiñado á localización e detención de ambos os homes en diferentes puntos da cidade, tras o que foron detidos na tarde deste xoves.

Unha vez en comisaría tomóuselles declaración e comprobouse que aos detidos constábanlles máis de 22 antecedentes policiais totais, sendo varios deles por feitos similares ao descrito. Ademais, os investigadores non descartan a súa imputación noutras causas que están a ser obxecto de investigación.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...