InicioCulturaPonse en marcha 'Coñece Vigo', nove rutas para achegarse á historia e...

Ponse en marcha ‘Coñece Vigo’, nove rutas para achegarse á historia e ao presente da cidade

A Xunta de Galicia ofrece 3.000 prazas para estas actividades guiadas, que inclúen unha viaxe en catamarán ou unha visita ao Museo do Sal e ao xacemento de Toralla.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa ‘Coñece Vigo‘, unha iniciativa de promoción e coñecemento da cidade a través da súa historia, a súa cultura, os seus personaxes ou o seu dinamismo económico, con 9 rutas guiadas gratuítas, que se realizarán ata finais de decembro.

Segundo explicou a delegada territorial do goberno autonómico, Corina Porro, este programa pretende que os vigueses e os visitantes de fóra da cidade “teñan a oportunidade de buscar na historia” e coñecer o Vigo pasado e o contemporáneo, así como outros aspectos da cidade relacionados coa súa cultura, economía, ou co propio funcionamento da administración.

Así, puxéronse en marcha 9 rutas: ‘Os miradoiros de Vigo’ (O Castro e A Guía); ‘O Vigo castrexo’ (con visitas ao xacemento do Castro e á sala de Arqueoloxía do Museo Quiñones de León); ‘Os nomes de Vigo’ (unha ruta polas rúas con nomes de personaxes históricos); o Pazo Quiñones de León; ‘O teu Porto’ (cun percorrido en catamarán); ‘O Vigo romano’ (con visita ao Museo do Sal e ao xacemento de Toralla); ‘O teu xornal’ (visita ás instalacións de Faro de Vigo); ‘A túa administración’ (visita á delegación da Xunta); e ‘O teu Nadal’ (percorrido polo Nadal solidario que a Xunta organiza na contorna de Montero Ríos).

A Xunta ofrece 3.000 prazas para estas rutas, que poden reservarse na web turismo.gal, e nas que se inclúen os autobuses e, no caso do Porto, a viaxe en catamarán.

O conselleiro de Turismo e Cultura, Román Rodríguez, destacou que esta iniciativa permite coñecer a cidade “desde unha perspectiva integral” e “conxugan o coñecemento histórico e cultural coa puxanza contemporánea de Vigo”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...