InicioSucesosCorenta e un médicos de familia toman posesión das súas prazas na...

Corenta e un médicos de familia toman posesión das súas prazas na área sanitaria de Vigo

Os 31 médicos de Atención Primaria que tiñan aprobada a oposición e estaban a traballar na área de Vigo optaron todos eles por quedar, polo que "a Atención Primaria viguesa non perdeu ningún efectivo".

PUBLICADO O

Un total de 41 médicos de familia tomaron este mércores posesión das súas prazas na área sanitaria de Vigo nun acto presidido polo xerente da EOXI viguesa, Xullo García, levado a cabo na dirección de Atención Primaria de Rosalía de Castro, o que supón “a maior incorporación de facultativos da Atención Primaria viguesa dos últimos anos”.

Tal como indicou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) nun comunicado, despois das eleccións de destinos do pasado sábado 26 de outubro, os 31 médicos de Atención Primaria que tiñan aprobada a oposición e estaban a traballar na área de Vigo optaron todos eles por quedar, polo que “a Atención Primaria viguesa non perdeu ningún efectivo”.

Así mesmo, incorporáronse dez médicos máis, nove da oposición e un do concurso de traslados á área, o que supón un “importante incremento de persoal estable“, pasando dunha porcentaxe do 73,20% ao 82,36% de persoal fixo na categoría de médico de familia.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...