InicioCultura'Cartas de Amor', unha exposición para alertar sobre as distintas formas da...

‘Cartas de Amor’, unha exposición para alertar sobre as distintas formas da violencia de xénero

Trátase dunha mostra de cómic galego organizada pola Xunta en Vigo.

PUBLICADO O

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, visitou este mércores en Vigo o Colexio Apostol Santiago Xesuítas, onde inaugurou a exposición ‘Cartas de Amor’, que ten como obxectivo concienciar á mocidade galega das diferentes formas da violencia de xénero.

Tal como explicou a Xunta nun comunicado, ‘Cartas de Amor’ é unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, que ten como finalidade sensibilizar a mocidade da existencia de violencia nas súas relacións de parella e nos seus modos de relacionarse.

Con ela, o Goberno galego pretende axudar aos mozos a darse conta de que formas e modos de comportamento habituais, como as demostracións de celos, o control sobre a vestimenta da parella, as súas chamadas telefónicas, as súas mensaxes e a limitación dos seus movementos en relación ás súas amizades, entre outros aspectos, “son en realidade demostracións dun comportamento violento”.

A exposición está composta por traballos de Miguel Calatayud (premio nacional de ilustración), Paco Roca (premio nacional de cómic), así como outras figuras galegas, como Patricia Castelao, Pirusca, David Pintor e Óscar Villán. Tamén participaron autoras e autores que están a conseguir “gran éxito” entre á xente máis nova, como Eva Vázquez, Javier Olivares, Primitivo, Sonia Puído, Jack Mircala ou Sergi San Julián. Pola súa banda, o escultor Méndez, a escritora Anxos Sumai e o deseñador Fausto, uníronse a esta mostra con tres achegas diferentes. Está acompañada, ademais, dun Taller Práctico explicativo da mesma.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...