Denunciado un condutor en Vigo que circulaba cunha taxa de alcoholemia superior ao dobre da máxima

Cando os axentes realizaron a proba de alcolemia, o conductor deu un resultado positivo de 0,63 e 0,60 mg/l.

Garda Civil nun control / GC

Axentes da Policía Local de Vigo formularon denuncia por vía penal contra un condutor -veciño da cidade e de 35 anos de idade- como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, ao circular cunha taxa de alcoholemia superior ao dobre da máxima permitida. As súas dilixencias serán remitidas ao xulgado.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na madrugada deste mércores. Foi durante un control de tráfico e seguridade que o 092 estaba a levar a cabo na Avenida Arquitecto Palacios.

Os axentes deron o alto a este condutor e, ao solicitarlle a documentación, decatáronse de que presentaba síntomas de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Ao realizarlle o test correspondente, este arroxou un resultado positivo de 0,63 e 0,60 mg/l.