InicioSociedadeO hospital Nuestra Señora de Fátima inviste case 800.000 euros en novo...

O hospital Nuestra Señora de Fátima inviste case 800.000 euros en novo equipamento médico

O hospital Vithas de Vigo tamén está a incorporar a profesionais "referentes" nas súas respectivas especialidades.

PUBLICADO O

O Grupo Vithas aprobou un investimento de case 800.000 euros en novo equipamento médico para o hospital Nuestra Señora de Fátima de Vigo, que se suman ao “investimento ordinario” en diversas obras de mantemento e mellora das instalacións do centro, segundo destacou a compañía nun comunicado.

Entre o equipamento médico adquirido, atópase no ámbito da uroloxía un ecógrafo de última xeración “coas mellores prestacións do mercado”, así como un láser para a realización de enucleacións de próstata e litiases, e novo material cirúrxico para a cirurxía robótica Da Vinci e o resto de técnicas. Tamén as unidades de Mama e cirurxía xeral, entre outras, incorporarán novas adquisicións.

“Este investimento extraordinario forma parte da clara aposta de Vithas pola excelencia en todos os ámbitos da atención sanitaria e inclúe, tamén, un reforzo nos servizos máis punteiros do hospital e unha progresiva transformación do modelo de servizos médicos cara a especialidades troncais que permitirán consolidar a Vithas e ao seu hospital de Vigo como referente da sanidade privada en Galicia”, subliñou a firma.

Ademais, de forma paralela, o hospital Vithas de Vigo tamén está a incorporar a profesionais “referentes” nas súas respectivas especialidades, “o que permite ampliar a súa carteira de servizos para realizar unha atención de primeiro nivel”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...