InicioSucesosDesaloxado un hotel en Redondela por un incendio nunha habitación

Desaloxado un hotel en Redondela por un incendio nunha habitación

Non houbo feridos.

PUBLICADO O

Un incendio declarado de noite nunha habitación dun hotel no municipio de Redondela mobilizou os servizos de emerxencia, que desaloxaron o establecemento, pero non houbo feridos.

Segundo informou o 112 Galicia, o lume orixinouse na cociña dunha das estancias e afectou o mobiliario e á campá extractora, sen que se rexistrasen danos persoais.

Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia sobre as 00,35 horas deste martes. Tras iso, solicitouse a intervención dos Bombeiros do Porriño, da Policía Local e de Protección Civil de Redondela.

Ademais, por parte do CIAE 112 Galicia informáronse os feitos aos Bombeiros de Vigo. Foron seis as persoas desaloxadas, que puideron regresar ao hotel unha vez extinguido o incendio, indicaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...