InicioSucesosDetido en Vigo un mozo de 25 anos sobre o que pesaban...

Detido en Vigo un mozo de 25 anos sobre o que pesaban tres ordes de procura

Sobre el tamén constaban tres investigacións de domicilio e paradoiro dos xulgados de Instrución.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo na mañá deste xoves a un mozo vigués, J.M.R. de 25 anos de idade, sobre o que pesaban tres procuras con detención e presentación ditadas polos xulgados de Penal número 2 e 3, así como do de Instrución número 5 do municipio debido a acumular ata seis requisitorias (ordes de presentación a causas xudiciais) pola comisión de ilícitos penais.

Sobre o mesmo home constaban a maiores tres investigacións de domicilio e paradoiro dos xulgados de Instrución número 4 por dúas causas e unha do número 9.

Así, tal como informou nun comunicado a Policía, mediante a xestión e o traslado destas instrucións iniciáronse tarefas encamiñadas á inmediata localización do citado, co fin de presentalo ante a Autoridade Xudicial competente e responder as accións obxecto das ordes ditadas.

Por iso, logrouse localizar ao mozo na zona da rúa Fragoso, procedendo os axentes á súa detención e posta a disposición dos distintos órganos xudiciais.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...