InicioEconomíaAena saca a concurso a xestión das torres de control de Vigo

Aena saca a concurso a xestión das torres de control de Vigo

Será durante sete anos, ampliables outro tres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xestor aeroportuario Aena puxo en marcha o concurso para a adxudicación da xestión das torres de control de doce aeroportos españois cunha cifra de negocios conxunta duns 141,6 millóns de euros. O prego para a contratación dun provedor de navegación aérea que preste servizo de control de tránsito aéreo nestes aeroportos dividiuse en tres lotes.

O primeiro deles inclúe os aeroportos de Alacante, Valencia, Eivissa e Sabadell, o segundo deles, Sevilla, Xerez, Vigo, A Coruña e Catro Ventos e o lote 3 inclúe os aeroportos de Lanzarote, Forteventura e A Palma. Aena licitará o novo concurso por sete anos, ampliable a tres anos máis con prorrogas anuais, cunha cifra de negocio conxunta que supera os 140 millóns de euros.

O lote 1 ten un orzamento máximo de licitación de 59,2 millóns de euros, o lote 2 uns 50,2 millóns de euros, mentres que o lote 3 conta cun orzamento de licitación duns 32 millóns de euros.

O modelo de xestión do sector aéreo modificouse en 2011 coa creación de Aena Aeroportos responsable da xestión dos aeroportos e dos servizos de tránsito aéreo de aeródromo. Desta forma separouse a xestión dos aeroportos, incluíndo os servizos de tránsito aéreo de aeródromo que corresponden a Aena, da xestión dos servizos de ruta e aproximación que seguiron sendo responsabilidade da entidade pública empresarial ENAIRE.

MELLORADO A EFICIENCIA E A CALIDADE

No prego Aena asegura que “a entrada de novos provedores de servizos de control, en réxime de competencia, mellorou de forma substancial a eficiencia, mellorando os estándares de calidade e mantendo os altos niveis de seguridade do servizo de tránsito aéreo de aeródromo”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...