Deteñen un veciño de Vigo de 85 anos por agredir a súa muller, tamén anciá

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 85 anos de idade, A.V.R., veciño da cidade olívica, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 85 anos de idade, A.V.R., veciño da cidade olívica, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na tarde do mércores, nun domicilio da Avenida de Camelias, ao que acudiu unha dotación do 092 tras ser alertada por unha suposta agresión.

Unha vez no lugar, os axentes entrevistáronse cunha muller de 80 anos, que relatou que o seu marido estivera consumiento alcol toda a tarde e que, nun momento dado, a suxeitara polos brazos para zarandearla violentamente e arroxala contra a parede.

A señora recoñeceu que leva sufrindo estes episodios violentos desde que casou con este home e que, actualmente, o nivel de agresividade do seu marido aumentara, polo que as súas reaccións lle provocaban “máis medo”.

A muller mostrou reticencias inicialmente a denunciar ao seu esposo, pola “dependencia emocional e económica” respecto do seu agresor, aínda que finalmente deu o paso.

OUTRO CASO

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 37 anos de idade e natural de Marín (Pontevedra), A.C.G., por agredir á súa noiva, que tamén foi arrestada por atacar aos axentes que procedían á detención da súa parella.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste mércores, cando unha muller alertou de que unha amiga súa estaba a ser agredida polo seu noivo nunha cafetaría da rúa Coruña. Esta testemuña relatou tamén que, cando o home golpeou á súa amiga, ela interpúxose para evitar o ataque, polo que tamén recibiu golpes nos brazos e no peito.

Tras o altercado, a parella abandonou o local, seguida pola muller que chamara ao 092. Esta testemuña interceptou a unha dotación policial que se dirixía ao lugar da agresión, e advertiu aos axentes de que o agresor fuxía cara a López Moura.

Os policías lograron interceptalo na rúa Arquitecto Bar Boo. Ao interrogalo, este recoñeceu que atacara a ambas as mozas, porque fora agredido previamente. Cando os axentes procedían á súa detención, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, apareceu a súa noiva que, mentres avanzaba cara a eles, ía gritando e increpando aos funcionarios para que non levasen á súa parella.

Ao ver que os policías non lle facían caso, comezou a darlle patadas a un deles e golpes nas costas, polo que tamén foi detida por atentado a axente da autoridade. Cando era engrilletada, a muller sufriu unha crise de ansiedade, polo que se solicitou unha dotación de emerxencias, que a trasladou ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Unha vez atendida e tranquilizada, a moza explicou que discutira co seu noivo e que se agrediron mutuamente, pero que non desexaba denunciar os feitos. No entanto, ambos foron detidos.