Tellado esixe a Espinosa “explicacións claras” sobre a súa suposta sociedade en Panamá

"Xa está ben de dar leccións a todo o mundo e non aplicalas a si mesmo", dixo referíndose a Sánchez.

Elena Espinosa presidindo o pleno / © Miguel Núñez.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reclamou á concelleira no Concello de Vigo e exministra Elena Espinosa “explicacións claras” sobre a súa suposta vinculación como unha sociedade ‘offshore’, con sede en Panamá, segundo publicou o dixital OKdiario, unha información que este martes a tamén tenente de alcalde desmentiu “categoricamente”.

Nunha rolda de prensa na Coruña, xunto a candidatos ao Congreso e ao Senado por esta provincia, e o portavoz do PP no Senado, Javier Maroto, Tellado asegurou que, antes de que esta noite se inicie a campaña electoral, a exministra socialista debe deixar “claro” se é certa ou non a información publicada, ao considerar que as que deu son “insuficientes”.

Esta esixencia de explicacións fíxoa extensiva tamén ao alcalde de Vigo, Abel Caballero; ao secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero e ao líder do PSOE e candidato á Presidencia do Goberno, Pedro Sánchez.

“Xa está ben de dar leccións a todo o mundo e non aplicalas a si mesmo”, dixo incidindo en que Sánchez asegurou que non permitiría “no seu Goberno e no seu partido” dirixentes con vinculacións empresariais deste tipo.

Remitíndose ás informacións públicas, criticou que Espinosa “ocultase” tanto como ministra como tenente de alcalde que era “administradora e tesoureira” da citada sociedade, algo que, con todo a edil socialista en Vigo desmentiu ao ser preguntada por iso.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here