InicioPolíticaComún da Esquerda pide a dimisión de Ángeles Vázquez polo seu "fracaso"...

Común da Esquerda pide a dimisión de Ángeles Vázquez polo seu “fracaso” en vivenda

Antón Sánchez censurou que en todo o 2018 só se iniciasen "12 vivendas" de protección habendo 14.000 persoas solicitantes.

PUBLICADO O

O deputado do Grupo Común da Esquerda Antón Sánchez esixiu este xoves a dimisión da conselleira de Medio Ambiente e Vivenda, Ángeles Vázquez, polo “fracaso” das súas políticas de vivenda e a súa “falta de vontade para afrontar un problema grave para Galicia”.

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves en Vigo, Sánchez censurou que en todo o 2018 só se iniciasen “12 vivendas” de protección e que o programa “estrela” de vivendas baleiras da Xunta só conseguise “adxudicar dúas subvencións en Galicia”.

Todo iso, conforme sinalou, nun contexto no que “hai 14.000 persoas” que demandan en Galicia vivenda protexida. “O Goberno galego está á cola de todo o Estado das políticas de vivida, a Xunta é a máis antisocial”, apuntou.

Así mesmo, o tamén líder de Anova asegurou que os datos da conta xeral da Xunta correspondentes a 2018 revelan que só se executaron “33.000 euros” dos 6 millóns orzamentados para o programa de acceso á vivenda en 2018.

Ademais, o parlamentario do Grupo Común da Esquerda tamén lamentou que a execución do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) se situase no 64%, “deixando sen executar políticas de rehabilitación”.

Por todo iso, o parlamentario autonómico esixiu a dimisión da responsable de Vivenda, a conselleira Anxos Vázquez, a quen atribúe unha “nula vontade” para solucionar o problema.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...