InicioSociedadeO Sergas subliña a "elección libre" dos cidadáns de Vigo para cambiar...

O Sergas subliña a “elección libre” dos cidadáns de Vigo para cambiar de hospital

Fernández-Campa sinala a "Caballero como principal avalista de Povisa" e asegura que a Xunta carece de "dereito de adquisición preferente".

PUBLICADO O

O xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), Antonio Fernández-Campa, subliñou este xoves a “elección libre” da cidadáns da área sanitaria de Vigo para cambiar de hospital de referencia “sen ningún tipo de limitación”.

Así o manifestou en comisión parlamentaria en resposta a senllas preguntas acumuladas de En Marea e Grupo Socialista despois de que o deputado do PSOE Julio Torrado insistise en que “non é voluntario porque non é posible hoxe” que os 135.000 pacientes adscritos a Povisa poidan pasar a outros centros ao mesmo tempo. “Se se dá (esa petición) non se pode resolver”, sostivo.

Neste sentido, o parlamentario socialista e Paula Vázquez Verao de En Marea insistiron en reivindicar que o Sergas adquira Povisa e en reclamar que a Xunta explique cando coñeceu a venda deste hospital a un grupo empresarial americano.

Fernández-Campa asegurou que “o principal garante da calidade e elección é o cidadán”, polo que reiterou que “é unha elección libre”. “Os que decidan cambiar poden facelo sen ningún tipo de limitación”, abundou. “Consideramos que a calidade do servizo non a valoran negativamente porque non levan a cabo o cambio”, apostilou.

ADQUISICIÓN PREFERENTE

O xerente do Sergas tamén rexeitou as críticas de Torrado, que sinalou á Xunta como “avalista” da venda de Povisa a Centene. Fronte a iso, sinalou a “Caballero como o mellor avalista de Povisa”.

Sobre a operación de venda, explicou que o Goberno galego non se pronunciou “nin a favor nin en contra”. Con todo, insistiu en que “sempre” manifestaron “dúas preocupacións” relativas ao “mantemento do emprego e da calidade asistencial“.

Ante as reiteradas peticións por parte da oposición para que a Xunta compre Povisa para unha xestión directa, o xerente do Sergas aclarou que “non existe ningún dereito de adquisición preferente”.

“Para que sería a compra de Povisa?“, preguntou Fernández-Campa, para sentenciar que “se lles preocupa o Hospital Álvaro Cunqueiro, que pensarían se a Xunta xestionase” un centro dunha sociedade mercantil.

PARTICIPACIÓN DE PACIENTES

Por outra banda, en resposta a unha pregunta do grupo popular sobre a situación da constitución dos consellos asesores de pacientes das áreas sanitarias de Galicia, o xerente do Sergas asegurou que están “todos constituídos”.

Respecto diso, apuntou que os forman “170 asociacións” de pacientes, número que “non é pechado”, polo que “calquera que queira incorporarse ten que facer unha solicitude”. A estas sumou outras 70 entidades do Consello Asesor de Pacientes, o que suma “240 asociacións e federacións” participantes en toda Galicia.

Tanto Fernández-Campa como o deputado do PP autor da pregunta, Aurelio Núñez Centeno, destacaron a importancia da participación dos pacientes porque “son os que mellor coñecen as fortalezas e carencias do sistema”. “Para nós cada vez é máis importante a participación dos pacientes porque nos poden trasladar a súa visión”, concluíu o xerente do Sergas.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...