InicioPolíticaAna Pontón subliña que "a crise industrial galega" evidencia a "urxencia de...

Ana Pontón subliña que “a crise industrial galega” evidencia a “urxencia de facerse valer no Estado”

Pontón reiterou a necesidade de "acabar co ninguneo e a discriminación das forzas estatais" cara a Galicia, que deberían crear un marco enerxético para non avocar a industria galega "á perda de miles de empregos".

PUBLICADO O

A líder nacionalista, Ana Pontón, destacou que “a crise industrial galega” serve de exemplo para evidenciar o urxente que é para Galicia “facerse valer no Estado”. Así o manifestou este domingo a portavoz do BNG nun mitin en Tomiño (Pontevedra), no que estivo acompañada pola candidata do seu partido ao Congreso por Pontevedra, Carme da Silva.

Durante a súa intervención, Pontón reiterou a necesidade de “acabar co ninguneo e a discriminación das forzas estatais” cara a Galicia, que deberían crear un marco enerxético para non avocar a industria galega “á perda de miles de empregos”. Para a líder do BNG, a única forma de cambiar esta deriva pasa porque “todas aquelas persoas encabuxadas co triste espectáculo da política madrileña” voten ao Bloque, para defender unha “axenda de país ante o Goberno sen ter que pedirlle permiso a ninguén”.

BIPARTIDISMO E PODEMOS

Neste sentido, criticou que o bipartidismo, en lugar de achegar solucións a Alcoa e Endesa, decidiron volver a Galicia “coas mesmas promesas de sempre das que se esquecen ao día seguinte”. Asegura que “nada se pode esperar” dun PP e PSOE que discrimina Galicia, como tamén fai Podemos “votando os peores orzamentos do Estado que houbo para Galicia nos últimos 20 anos”.

Na mesma liña, Carme da Silva lembrou que “cando o BNG estaba no Congreso” conseguiuse “condicionar as políticas e os orzamentos” estatais. Por iso, demostrou o seu firme empeño en recuperar a presenza en Madrid: “desta vai”.

NÉSTOR REGO

Por outra banda, o candidato do BNG pola Coruña, Néstor Rego, mostrouse “confiado” pola volta do seu partido á capital española, segundo manifestou nun mitin en Noia (A Coruña) este domingo.

Alí, Rego aludiu aos datos “que mostran a falta de peso político do país”, como a redución dun 6,3% do índice de produción industrial, a caída de 10,85% da ocupación industrial ou a redución do número de camas hospitalarias nun 23,52%. Ao seu xuízo, estas eleccións son unha oportunidade para “pór freo ao esquecemento que sofre o noso país e ser de novo a voz que defende o interese dos galegos e as galegas”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...