InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Centro Oceanográfico de Vigo oferta un contrato predoutoral no marco do...

O Centro Oceanográfico de Vigo oferta un contrato predoutoral no marco do proxecto Impress

Na elección do candidato valorarase o expediente académico, o dominio do inglés, os estudos de máster en estatística/bioestadística ou titulacións equivalentes e a experiencia acreditada en investigación.

PUBLICADO O

O Centro Oceanográfico de Vigo ofertou un contrato predoutoral no marco do proxecto Improving scientific advice to fisherymanagement for resources of interest for Spain in Atlantic waters (Impress) –Mellora do consello científico para a xestión de recursos pesqueiros de interese para España en augas atlánticas–.

O contrato, que se enmarca nas axudas públicas do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación aos Retos da Sociedade, do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación, ten por obxectivo a realización dunha tese enmarcada no proxecto Impress.

Para a tese, dirixida por María Grazia e Santiago Cerviño, proponse un enfoque metodolóxico “novo”, para unha implementación “efectiva” do coñecemento espacial e ecolóxico, segundo recolle nun comunicado o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

“Isto permitiría abarcar a xestión espacial das especies dunha maneira operacional, proporcionando un enfoque máis holístico e baseado no ecosistema”, subliñou o Ministerio.

Na elección do candidato valorarase o expediente académico, o dominio do inglés, os estudos de máster en estatística/bioestadística ou titulacións equivalentes e a experiencia acreditada en investigación, entre outras cousas.

A persoa seleccionada incorporarase ao equipo de avaliación e terá a oportunidade de participar en grupos de traballo internacionais, así como en congresos e cursos de especialización.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...