InicioPolíticaA Xunta critica as "dificultades" que pon o Concello de Vigo para...

A Xunta critica as “dificultades” que pon o Concello de Vigo para sinalizar o Camiño

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, indicou que "en ningún caso" se pretende xerar "polémica ou guerra política": "as rutas xacobeas están por riba".

PUBLICADO O

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, lamentou este mércores as “dificultades” e os “impedimentos” que o Concello de Vigo pon ao seu departamento para sinalizar o Camiño de Santiago na cidade.

No acto de presentación da Federación Portuguesa dos Camiños de Santiago, levado a cabo en Vigo, ao que tamén asistiron a delegada territorial da Xunta na cidade olívica, Corina Porro, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, Rodríguez indicou que “en ningún caso” se pretende xerar “polémica ou guerra política” coa sinalización do Camiño, xa que, ao seu xuízo, as rutas Xacobeas “están por encima das pretendidas loitas políticas”.

“Pero temos moi claro que non queremos que ningún peregrino se perda en Vigo. Todos entendemos que é unha falta de respecto para as persoas que están a facer o Camiño”, destacou o conselleiro.

Insistiu na necesidade de “pór máis” mouteiras pero a Xunta “ten dificultades”, polo que polo momento situounas en estradas autonómicas e no Porto. “Onde podemos actuar, actuamos”, subliñou Román Rodríguez este mércores en Vigo, tras engadir que espera dar “seguridade e confianza” aos peregrinos que deciden realizar o Camiño Portugués pola costa, que este ano o elixirán, segundo as súas cifras, ata 20.000 persoas.

Por todo, fixo un chamamento ao goberno local vigués a que se autorice a sinalización, que xa conta con 200.000 euros de orzamento. “Non creo que lle faga mal á cidade nin a ninguén que se sinalice”, sentenciou Rodríguez, quen insistiu en que Vigo é a “única cidade da Península e do mundo” que non está sinalizada e que o municipio ten “cada vez máis” un papel “relevante” como enlace do Camiño con Portugal.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...