InicioSociedadeCáritas cumpre en Vigo medio século de vida

Cáritas cumpre en Vigo medio século de vida

Os actos conmemorativos comezarán o luns 21 de outubro, cando se celebrará unha charla sobre as principais accións levadas a cabo pola institución ao longo de toda a súa historia.

PUBLICADO O

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo cumpre 50 anos “camiñando cos pobres”, polo que organizará aos longo dos próximos meses unha serie de actos, conferencias e concertos solidarios para celebrar que o próximo 9 de xaneiro de 2020 se cumpre medio século desde que en 1970 monseñor José Delicado Baeza, entón bispo de Tui-Vigo, erixise a Cáritas Diocesana como a institución promotora e coordinadora da acción caritativa da igrexa católica.

Desta maneira, tal e como explicou este xoves nunha rolda de prensa o director de Cáritas Diocesana, Gonzalo Davila, os actos conmemorativos comezarán o luns 21 de outubro, cando se celebrará unha charla sobre as principais accións levadas a cabo pola institución ao longo de toda a súa historia. Terá lugar no Club Faro de Vigo ás 20,00 horas.

Neste sentido, o delegado episcopal de Acción Caritativa e Social, Javier Alonso, destacou a importancia de situar as persoas “no centro” e agradeceu o labor de todos os voluntarios “que fan posible a caridade”.

“A historia de Cáritas forma parte da historia da cidade“, subliñou o delegado diocesano de Medios de Comunicación Social, Alberto Cuevas Fernández, quen fixo un repaso do labor que realizou Cáritas en Vigo nos seus 50 anos.

ACTOS CONMEMORATIVOS

En novembro continuará a celebración dos 50 anos de Cáritas en Vigo coa conferencia ‘A caridade, camiño privilexiado de santidade’, que contará co relator Vicente Altaba, exdelegado episcopal de Cáritas Española, que será no Salón Rexio da Fundación Celta de Vigo ás 20,00 horas.

Ademais dunha eucaristía de acción de grazas, que se celebrará na Concatedral o día 19 de decembro ás 20,00 horas, o sábado 21 de decembro realizarase un concerto solidario de Nadal do Conservatorio Mayeusis a favor de Cáritas na parroquia do Sacro Corazón de Jesús.

Os últimos actos conmemorativos serán o propio 9 de xaneiro de 2020 no cinema Salesianos de Vigo, que a partir das 19,00 horas acollerán unha conferencia de monseñor Juan José Omella y Omella, para acabar ás 20,00 horas coa clausura e entrega de recoñecementos a persoas e institucións.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...