InicioSucesosCinco mortos tras aterraxe forzosa en Ucraína dun avión procedente de Vigo

Cinco mortos tras aterraxe forzosa en Ucraína dun avión procedente de Vigo

O avión quedou sen combustible a quilómetro e medio do aeroporto.

PUBLICADO O

Cinco persoas morreron e tres resultaron feridas tras a aterraxe de emerxencia que tivo que realizar hoxe na cidade ucraína de Lviv un avión An-12 procedente de Vigo, informou o Servizo Estatal de Emerxencias de Ucraína.

A bordo da nave viaxaban oito persoas, das que sete eran membros da tripulación e outra acompañaba a carga, engadiu a entidade.

O avión, pertencente á compañía Ukraine Air Alliance, cubría a ruta entre a cidade de Vigo e Lviv, pero non chegou ao seu destino por falta de combustible, segundo informou o Ministerio de Infraestrutura na súa páxina de Facebook.

Fontes de AENA informaron de que a aeronave de carga despegou do aeroporto galego de Vigo ás 0,14 horas deste venres. Nun primeiro momento, o ministro ucraíno asegurara que o sinistro se saldou con tres vítimas mortais, tres feridos e dous desaparecidos pero posteriormente modificou o balance do sinistro aéreo para confirmar que hai cinco mortos, sen dar máis detalles sobre o resto de persoas.

O titular de Transportes de Ucraína dixo que o avión se viu obrigado a realizar unha aterraxe de emerxencias despois de que quedase sen combustible cando tiña previsto chegar a Leópolis.

No lugar do sinistro aéreos despregáronse efectivos dos servizos de emerxencias e de rescate. A canle 112 indicou que o avión tiña como destino final Istambul e que desapareceu dos radares pouco antes de facer escala en Leópolis, onde ía encher.

O Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación non ten, polo momento, constancia de que haxa vítimas ou feridos de nacionalidade española na aterraxe de emerxencia. Un portavoz de Exteriores sinalou que esta é, polo momento, a información preliminar que procede de fontes oficiais. No entanto, a Embaixada de España en Kiev está en contacto coas autoridades locais para tratar de pescudar se hai españois afectados.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...