InicioSociedadeA Xunta di que estará "vixiante" sobre o cumprimento do convenio en...

A Xunta di que estará “vixiante” sobre o cumprimento do convenio en Povisa

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou que é un centro concertado e hai que preservar "un número de profesionais" e está regulada "unha calidade asistencial que se ten que seguir dando".

PUBLICADO O

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmouse en que o Goberno galego estará “vixiante” para que se cumpra o convenio co hospital vigués Povisa.

Trasladouno no contexto das negociacións para a venda do centro, o maior hospital privado de Galicia, co Grupo Ribera Salud, propiedade da aseguradora americana Centene Corporation.

Rueda lembrou que é un centro concertado, co que hai que preservar “a un número de profesionais” e está regulada “unha calidade asistencial que se ten que seguir dando”, posto que o centro recibe a cambio recursos económicos da Xunta. “Estaremos vixiantes”, concluíu.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...