InicioSociedadeUn xulgado vigués declara nulo o decreto que suspende descansos de bombeiros

Un xulgado vigués declara nulo o decreto que suspende descansos de bombeiros

A maxistrada sinala que as medidas contempladas no devandito decreto foron adoptadas unilateralmente, sen negociar cos traballadores e vulnerando a normativa en materia de seguridade e saúde laboral.

PUBLICADO O

O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo ditou dúas sentenzas nas que estima os recursos interpostos polos sindicatos CIG e CUT e declara nulo o decreto do goberno municipal que suspende os descansos dos bombeiros, o cal, na práctica, obriga á realización de horas extraordinarias.

A maxistrada sinala que as medidas contempladas no devandito decreto foron adoptadas unilateralmente, sen negociar cos traballadores e vulnerando a normativa en materia de seguridade e saúde laboral.

Os bombeiros de Vigo están en folga indefinida desde mediados de agosto para reclamar máis persoal. O paro non ten efectos no funcionamento do servizo porque, tal e como denuncian os sindicatos CUT e CIG, é necesario que traballen todos os efectivos dispoñibles, só para cubrir os servizos mínimos.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...