A UGT convoca mobilizacións en todo o país: “Non debería haber salarios inferiores a 1.000 euros ao mes”

Desde o sindicato esixen que o esforzo realizado polos traballadores durante a crise sexa recompensado.

Manifestacións o 1 de maio en Vigo / Miguel Núñez

UGT convoca unha mobilización pola negociación colectiva en Vigo este martes 22 de maio, ás 12:00 horas fronte á sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (García Barbón, 104), que súmase ás organizadas noutros lugares do país, en protesta pola situación laboral en Galicia.

Para eles, resulta “inadmisible” a posición que manteñen as organizacións empresariais: “Non entenderon que xa non estamos nunha situación de profunda crise como a que vivimos de 2008 a 2013″.

O sindicato considera que o gran esforzo feito durante estes anos polos traballadores e as traballadoras debe reverterse agora, “cando a economía crece con forza desde fai catro anos, créase emprego (aínda que de baixa calidade) e as empresas non só recuperáronse, senón que se atopan en mellor situación que antes”.

Polo dito, dende UGT propoñen un acordo que corrixa os desequilibrios xerados ao longo da crise en salarios, emprego, xornada ou saúde laboral. E, pola “falta de vontade para chegar a un acordo que traslade aos convenios colectivos a recuperación e o crecemento que xa están a ter as empresas”, convocan estas concentracións.

manifestacion pensions
CCOO e UGT manifestándose polas pensións/ Miguel Nuñez

Ante “máis desregulación e máis desvalorización salarial”, UGT expón “unha mobilización crecente e sostida nos centros de traballo para esixir un acordo que garanta a recuperación do poder adquisitivo dos salarios; permita a repartición xusta da riqueza que xeran as empresas entre os seus traballadores e traballadoras e recupere os dereitos arrebatados polas reformas laborais”.

Engaden dende o sindicato que “a remuneración dos asalariados é 10.000 millóns inferior á de 2008, como resultado da destrución de emprego e a desvalorización salarial, que as reformas laborais fixeron aínda máis profunda. De feito, o poder de compra do salario recortouse un 7,5% e ata 15% nos máis baixos”. 

Así, “a remuneración dos asalariados en Galicia perde peso con respecto ao total da renda xerada na comunidade, ao pasar do 46,9% no 2008 ao 42,5% no 2017. Pola contra, curiosamente, o empresariado nunha época de crise gañou máis, a súa renda pasa de representar o 45% no 2008 ao 47,7% no 2017, sen esquecer que 312.093 persoas asalariadas galegas (o 30,8% do total) teñen un salario medio inferior ou igual ao SMI”.

 Por iso, UGT propón  na mesa de negociación un Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva “acorde coa nova etapa de bonanza, que emende os desequilibrios que se xeraron ao longo da crise en todas as materias que aborda o acordo”.

En particular, no apartado salarial propoñen “que os salarios crezan ao ritmo da produtividade nominal de cada sector e empresa. No noso país non debería haber salarios inferiores a 1.000 euros ao mes”.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here