InicioEconomíaA flota galega queda sen máis cotas pesqueiras

A flota galega queda sen máis cotas pesqueiras

A secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz, avanzou, nunha reunión mantida en Bruxelas, que España e Portugal acordaron, xunto aos demais países membros da UE, aterse ás cotas fixadas no plan de xestión pesqueira de 2019 a pesar dos anuncios realizados polo país luso, que manifestara o seu interese en ampliar as cantidades establecidas para a sardiña.

PUBLICADO O

A secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz, avanzou, nunha reunión mantida en Bruxelas, que España e Portugal acordaron, xunto aos demais países membros da UE, aterse ás cotas fixadas no plan de xestión pesqueira de 2019 a pesar dos anuncios realizados polo país luso, que manifestara o seu interese en ampliar as cantidades establecidas para a sardiña.

A preguntas dos xornalistas tras un acto en Vigo, Villauriz apuntou a un posible aumento das cotas en 2020, aínda que avogou por esperar a que o ICEX confirme os “bos resultados” detectados polos organismos científicos de España e Portugal en relación ao stock de produtos.

Por outra banda, en canto ao atún patudo, recoñeceu que se trata dunha especie que “non se atopa en bo estado biolóxico”. Así, sinalou que xa se tentou acordar un plan de recuperación deste na anterior reunión da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT), aínda que sen éxito. Tamén avanzou que se deberá acordar unha postura dos países da UE interesados no mesmo para, mediante o ICCAT, establecer medidas de xestión “serias” que permitan recuperar o stock co “menor impacto social” posible.

Noutra orde de cousas, lamentou que non se incluíu a Pesca no rótulo do departamento da UE que abordará este ámbito –a Comisión de Medio Ambiente e de Océanos–, aínda que insistiu en que si se integrou nos temas que se abordarán no mesmo.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...