InicioMedio Ambiente e PatrimonioAlerta polo suministro de auga en Vigo

Alerta polo suministro de auga en Vigo

O alcalde vigués avanza medidas de aforro de auga e volve criticar que a Xunta non execute o transvasamento a Eiras. "Feijóo quere que Vigo quede sen auga", asegura.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o Concello porá en marcha medidas de aforro de auga ante o descenso dos niveis das presas que abastecen á cidade e a súa contorna e volveu a criticar que a Xunta non executase o transvasamento de emerxencia do río Verdugo ao encoro de Eiras.

Durante unha rolda de prensa celebrada este luns en Vigo, o rexedor reprobou que o Goberno galego non acometese esta actuación a pesar de que o Concello olívico ofreceuse a sufragala na súa totalidade e acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de querer que a maior urbe galega “quede sen auga”.

Ademais, detallou que, co obxectivo de reducir o consumo deste recurso na cidade, procederase a realizar baldeos cada dous días, en lugar de levalos a cabo a diario, e avanzou que remitirá unha carta aos alcaldes dos municipios da contorna para que actúen do mesmo xeito. Abel Caballero tamén indicou que, se os niveis das presas que abastecen á zona sitúanse por baixo do 70 por cento, procederase a suspender o servizo de baldeo de rúas.

En concreto, segundo detallou Caballero, nestes momentos, a presa de Eiras atópase ao 79,5 por cento da súa capacidade, mentres que, o mesmo día do ano anterior, situábase nun 78,82 por cento. Tamén indicou que o encoro de Zamáns mostra un nivel do 74 por cento, superior ao rexistrado na mesma data de 2018, un 67 por cento.

NOVA BIBLIOTECA

Por outra banda, anunciou que a nova biblioteca do barrio de Navia abrirase dentro de dez días e que contará con 200 postos de lectura con conexión á rede eléctrica, así como con rede Wifi. O proxecto supuxo un investimento de 445.00 euros e, en caso de rexistrarse unha alta afluencia, poderían incrementarse os postos de lectura ata alcanzar os 300.

Tamén explicou que se finalizou o cubrimiento dos patios dos centros educativos García Barbón e Canicouva e avanzou que se executarán actuacións similares noutros 15 colexios da cidade. Tamén puxo en valor que o Consistorio destine 1,8 millóns de euros a bolsas de comedor e libros e asuma gastos de conservación e mantemento de centros educativos por valor de 1,5 millóns de euros e acusou ao Goberno galego de non atender as necesidades relacionadas coas súas competencias en Educación en Vigo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...