InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Consorcio Casco Vello de Vigo contará con 222.000 euros máis para...

O Consorcio Casco Vello de Vigo contará con 222.000 euros máis para gastos correntes

A Xunta e o Concello, achegarán 200.000 e 22.200 euros, respectivamente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concelleira de Urbanismo do Concello da cidade olívica, María José Caride, detallou que este xoves se aprobaron os Orzamentos de 2020 do Consorcio Casco Vello de Vigo condicionados a un acordo polo que as entidades financiadoras achegarán máis de 220.000 euros para sufragar os gastos correntes.

Caride concretou que estas institucións, a Xunta e o Concello, achegarán 200.000 e 22.200 euros, respectivamente.

A este respecto, valorou este acordo dado que permitirá que os fondos destinados a cubrir os gastos do consorcio se invistan na rehabilitación dun edificio do barrio do Berbés, ademais de mellorar o estado financeiro da entidade e promover as súas accións. Mentres, criticou a xestión do CCV, xa que, segundo asegurou, os seus gastos correntes non son cubertos cos ingresos recibidos.

Ademais, explicou que se acordou a revisión do plan do consorcio, vixente ata 2024, co fin de impulsar as rehabilitacións previstas. Deste xeito, estas actuacións financiaranse con recursos adicionais, dos que o Goberno galego achegará un 90 por cento e, o Concello, un 10 por cento.

Sobre este punto, a concelleira de Urbanismo afirmou que este acordo deu resposta á solicitude realizada polo Concello para que a Xunta destinase 5 millóns de euros ao impulso do consorcio, ademais dos 500.000 euros comprometidos polo goberno olívico.

Tamén indicou que o Concello solicitou formalmente ao Consorcio Casco Vello de Vigo  que inicie “o máis rápido posible” os trámites necesarios para adquirir o inmoble que Zona Franca rehabilitará para acoller a entidade Down Vigo.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...