InicioPolíticaO alcalde de Vigo quere repetir como presidente da FEMP, pero "que...

O alcalde de Vigo quere repetir como presidente da FEMP, pero “que o decida o PSOE”

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, reiterou este martes a súa disposición a repetir como presidente do órgano municipalista, aínda que precisou que a decisión é do seu partido.

Nunha rolda de prensa, e a preguntas dos medios, Caballero afirmou que lle “gustaría” seguir á fronte da FEMP, como xa manifestara a mesma noite electoral do pasado 26 de maio, na que se converteu no alcalde máis votado das grandes cidades de España (cun 67,6 por cento de apoios e 20 concelleiros dos 27 posibles).

“Gustaríame (repetir), pero iso decídeo o PSOE, que ten que designar a unha persoa candidata. Eu respectarei a decisión”, lembrou, á vez que afirmou que o seu partido “aínda non decidiu” respecto diso, e dita decisión “non foi tratada” na reunión da Executiva celebrada esta semana.

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) celebrará o seu próximo Pleno, máximo órgano de goberno, o día 21 de setembro en Madrid coa mirada posta na renovación das competencias e o financiamento.

No Pleno, do que forman parte todos os socios da federación e que se reúne cada catro anos (tras as eleccións municipais e a constitución dos concellos), marcaranse as liñas de traballo do mandato 2019-2023 e elixirase aos membros dos órganos de goberno para esta etapa.

Nesa sesión reuniranse as Comisións (catro en total) que debaterán as resolucións propostas pola FEMP, achegarán as súas emendas e, finalmente, darán a súa aprobación ás que serán as liñas mestras do próximos catro anos de traballo da Federación.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...