Os concertos de “peche de verán” de Vigo serán na terraza do Auditorio

Os pases para os dous primeiros concertos poden retirarse o día 28 de agosto; mentres que para a actuación de Mi Capitán, as invitacións estarán dispoñibles o 6 de setembro.

Auditorio

Vigo porá o broche final ao verán con tres concerto de formato reducido (450 asistentes) que se celebrarán na terraza do Auditorio Mar de Vigo e que serán gratuítos, previa recollida de invitación. Así o avanzou en rolda de prensa o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, quen anunciou que a primeira das actuacións será a de Pedro Guerra e Uxía, o próximo 29 de agosto.

O próximo 31 de agosto tocaralle a quenda a Mikel Erentxun e, xa o 7 de setembro, celebrarase o concerto da banda ‘indie’ barcelonesa Mi Capitán. Todos os concertos celebraranse ás 20,30 horas na terraza da sétima planta do Auditorio Mar de Vigo.

Para asistir hai que retirar previamente as invitacións no despacho de billetes do propio auditorio, de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas. Os pases para os dous primeiros concertos poden retirarse o día 28 de agosto; mentres que para a actuación de Mi Capitán, as invitacións estarán dispoñibles o 6 de setembro.