InicioSociedadeDescenden nun 85% as cabichas depositadas nas praias das Illas Cíes tras...

Descenden nun 85% as cabichas depositadas nas praias das Illas Cíes tras as campañas de concienciación

Cada unha delas tarda en descompoñerse entre oito e doce anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As campañas de concienciación e o voluntariado ambiental logran reducir nun 85% o número de cabichas depositadas nos areais das illas Cíes, dunhas 50.000 unidades de residuos en 2010 a unhas 7.500 en 2018. Diso informou a Xunta nun comunicado no que indica que os datos foron recollidos polos responsables do campo de traballo ‘Cíes Workcamp’, organizado pola Consellería de Política Social en colaboración co Parque, durante os meses de verán.

Así mesmo, o Executivo galego fixo fincapé en que un cigarro está composto por “un material plástico que se obtén ao modificar a estrutura orixinal da celulosa” e que “tarda en descomporse entre oito e doce anos”. “É un desperdicio tóxico fotodegradable, pero non biodegradable, é dicir, aínda que o sol desfaga o filtro en pequenas fibras, o material nunca desaparece”, comentou.

Pola súa banda, o Parque Nacional das Illas Atlánticas é recoñecido polo Goberno galego como o “pioneiro” na loita contra a acumulación de cabichas nas praias, ademais de por o “impulso” das campañas de sensibilización ambiental dirixidas aos visitantes. Por iso, o punto de información das Cíes ten exposto un ‘colillómetro’ que contabiliza o número de cigarros atopados nas praias de Rodas, Figueiras e Nosa Señora.

En todo caso, estas iniciativas esténdense por diversos puntos das costas galegas como na Illa de Cortegada onde non só se recolleron restos de tabaco senón tamén lixo en termos xerais. Así, leváronse a cabo campañas de concienciación e de voluntariado para que os visitantes “non deixen restos” e “contribúan a manter e conservar a riqueza natural que enriquece este espazo”.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...