InicioSucesosUn policía fóra de servizo permite a detención dun vigués que furtou...

Un policía fóra de servizo permite a detención dun vigués que furtou unha mochila na praia de Samil

A vítima explicou aos axentes que se estaba refrescando na beira da praia cando se decatou de que un individuo levaba a súa mochila.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 42 anos de idade, J.J.F.G., como presunto autor dun delito de furto, tras subtraer a mochila dunha bañista na praia de Samil.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado venres pola tarde, cando unha dotación da Patrulla de Costa e Praias do 092 foi requirida por varios cidadáns, quen alertaron de que se cometeu un furto no areal.

Cando chegaron os axentes observaron que un home estaba a reter a outro, e que había unha muller nerviosa con eles. Esta señora explicoulles que se estaba refrescando na beira da praia, cando se decatou de que un individuo levaba a súa mochila.

Ante esa situación, a muller comezou a gritar e alertar ao resto de bañistas, entre os que estaba un axente de Policía Nacional fóra de servizo, que se botou a correr detrás do presunto ladrón e logrou interceptalo.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...