InicioSucesosLiberan un condutor que quedou atrapado ao chocar contra un farol en...

Liberan un condutor que quedou atrapado ao chocar contra un farol en Vigo

Sucedeu ás 14,30 horas deste mércores, cando un particular chamou ao 112 para dar conta dunha saída de vía pola cal eran necesarios medios de asistencia e rescate para o condutor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente na Avenida de Madrid, en Vigo, obrigou a intervir aos bombeiros para liberar un condutor atrapado tras encaixarse co seu turismo contra un farol.

Sucedeu ás 14,30 horas deste mércores, cando un particular chamou ao 112 para dar conta dunha saída de vía pola cal eran necesarios medios de asistencia e rescate para o condutor.

Deste xeito, o 112 avisou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos bombeiros da cidade, que se encargaron de rescatar ao ferido, que estaba atrapado no interior do coche.

Ademais, colaboraron neste operativo os axentes da Policía Local e foron informados os voluntarios de Protección Civil.

ÚLTIMAS

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...

Abandono ferroviario: Carme da Silva critica a situación da ‘Liña do Miño’ tras a pandemia

A senadora do BNG, Carme da Silva, esixiu ao Goberno central a recuperación total...