InicioEconomíaZona Franca de Vigo e Asime promocionan a feira Mindtech, á que...

Zona Franca de Vigo e Asime promocionan a feira Mindtech, á que dotan con 100.000 euros

O delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, asegurou que se atopaban nunha etapa de aposta decidida polos certames como Mindtech, que son "xanelas para o crecemento económico" de Vigo e de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Zona Franca de Vigo e a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) asinaron este venres un convenio de colaboración para a promoción e impulso da feira Mindtech, que este ano, entre o 10 e 12 de setembro, celebrará no Instituto Feiral da cidade a súa primeira edición.

A través deste acordo, o organismo estatal compromete unha achega máxima de 100.000 euros para as dúas primeiras edicións do certame (2019 e 2021), que servirán para axudar na difusión do evento, captación de expositores ou facilitar cooperación técnica, segundo explicou o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades.

Precisamente, Regades aproveitou a presentación deste convenio para expresar novamente a necesidade de que o organismo estea presente na dirección do Instituto Feiral, nunha etapa na que fai unha aposta decidida polos certames como Mindtech, que son “xanelas para o crecemento económico” de Vigo e de Galicia.

Esta feira, organizada por Asime, pretende converterse nun “referente do Polo Ibérico” no ámbito da industria e das novas tecnoloxías. Así, o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, sinalou que reunirá en Vigo a máis de 200 expositores, con presenza de países como México, Israel ou Alemaña, que mostrarán os seus produtos e o seu traballo en áreas como a fabricación de automoción ou aeronáutica, os compoñentes, ou as aplicacións tecnolóxicas para estas industrias.

O presidente do pleno de Zona Franca e alcalde de Vigo, Abel Caballero, subliñou que este acordo é mostra da “nova dinamización da economía” desde o ámbito da industria, e da “nova andaina” de Zona Franca na cidade olívica.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...