Novos restos romanos atopados en Vigo poderían revolucionar a historia da cidade

Escavación realizada pola empresa Anta da Moura, a mesma que escava no centro de Vigo / HdG

Unha nova Toralla. Iso é o que pensa o equipo arqueolóxico dos restos que estes días están escavando no centro de Vigo, entre as rúas Juan Ramón Jiménez e Marqués de Valterra. Trátase de muros e outras estruturas do que semella unha zona de traballo ou almacén dunha vila romana.

Os restos atopados, aínda que miúdos, apuntan a unha gran construción que podería competir en tamaño e importancia coa veciña vila de Toralla. Un novo achado para Vigo que poderíase confirmar cando se realice a escavación ordenada como paso previo á urbanización do tramo entre a rúa de Juan Ramón Jiménez cara a Torrecedeira, onde está previsto realizar outro ascensor.

O arqueólogo de Toralla, Fermín Pérez Losada, xa apuntou a que Vigo podería ter outra gran vila romana. Pola contra, o tamén arqueólogo José Manuel Hidalgo Cuñarro, cre que a cidade olívica podería ter un gran edificio público romano. Máis información no portal Historia de Galicia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here