InicioMedio Ambiente e PatrimonioComuneiros de Vigo e Xunta asinan un acordo para rexenerar montes afectados...

Comuneiros de Vigo e Xunta asinan un acordo para rexenerar montes afectados polos incendios de 2017

Realizarán plantacións de especies frondosas e coníferas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro do Medio Rural, José González, e representantes de catro comunidades de montes (Zamáns, Coruxo, Valadares e San Andrés de Comesaña), así como da Mancomunidade de Montes de Vigo, asinaron este martes un convenio de colaboración para a cesión de espazos forestais para a súa rexeneración e que foron afectados os incendios de outubro de 2017.

Tras a firma do convenio, polo que a Xunta achegará 1,3 millóns de euros nunha primeira fase, o conselleiro explicou que o obxectivo deste acordo é, no período 2019-2021, crear un bosque periurbano, que sirva de barreira natural de protección ao redor da cidade, e que teña valor en si mesmo como espazo natural, de lecer e rendible para os propios comuneiros.

Así, para lograr a restauración integral da masa forestal (unhas 1.600 hectáreas), iniciaranse as actuacións con medidas como a plantación de especies frondosas e coníferas (máis resistentes ao lume), colocación de peches, eliminación de acacias e eucaliptos, etc. José González explicou que a intención da Xunta é estender este modelo a outras cidades de Galicia, e mesmo chegar ata as parcelas de propietarios individuais.

COLABORACIÓN CO CONCELLO

Así mesmo, o conselleiro de Medio Rural apelou á colaboración do Concello de Vigo para coordinar esta actuación co proxecto de ‘Anel Verde’ que pretende pór a marcha o goberno municipal de Abel Caballero.

José González prometeu que o seu departamento informará “canto antes” o proxecto remitido desde o Concello olívico e insistiu na necesidade de que ambas as administracións vaian da man, tanto nesta iniciativa como noutras (como a limpeza de franxas).

Pola súa banda, o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González, incidiu en que esta actuación promovida desde a Xunta é “compatible” co proxecto municipal, e celebrou o “cambio” na actitude do Goberno galego. “Se hai un ano denunciamos que sentiamos abandonados pola Xunta, agora houbo un cambio que agradecemos, e que vén consolidar todo o traballo feito xa polas comunidades de montes”, sinalou.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...