InicioSociedadePersoal do Chuvi asesora a traballadores de centros sociosanitarios en terapias respiratorias

Persoal do Chuvi asesora a traballadores de centros sociosanitarios en terapias respiratorias

Aspírase a evitar molestias derivadas dun traslado ao hospital debido a problemas respiratorios de persoas que poden ser tratadas polo persoal médico e de Enfermaría dos seus centros.

PUBLICADO O

O servizo de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) asesorou ao persoal sanitario das residencias de maiores da área sanitaria en terapias respiratorias.

Tal e como recolleu a xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo nun comunicado, esta iniciativa púxose en marcha a través da primeira reunión entre os profesionais implicados, un encontro no que tamén participou persoal de Farmacia Hospitalaria.pneupP

Tras esta sesión, espérase levar a cabo actividades compartidas e, despois deste verán, realizar un taller práctico sobre o uso adecuado de inhaladores.

En concreto, o programa céntrase en tres tratamentos habituais aplicados a pacientes ingresados en residencias de maiores, a correcta administración de osíxeno, a terapia con nebulizadores e a utilización adecuada de inhaladores.

OBXECTIVOS

Deste xeito, este proxecto de colaboración busca garantir a aplicación correcta de tratamentos respiratorios aos pacientes que se atopan en residencias de maiores. Así, aspírase a evitar molestias derivadas dun traslado ao hospital debido a problemas respiratorios de persoas que poden ser tratadas polo persoal médico e de Enfermaría dos seus centros.

Esta iniciativa enmárcase nun plan integral relacionado coa cronicidade das doenzas respiratorias e a súa xestión. Así, en liña co Plan estratéxico da área sanitaria de Vigo, engloba outros dispositivos asistenciais, como o hospital de día, a atención domiciliaria e a avaliación do compoñente social destas enfermidades.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...