InicioSociedadeA Cidade da Xustiza de Vigo acollerá 35 unidades xudiciais e unha...

A Cidade da Xustiza de Vigo acollerá 35 unidades xudiciais e unha escola infantil

Mantense agosto de 2020 como prazo de finalización previsto para a obra, cuxa investimento roza os 40 millóns de euros.

PUBLICADO O

A Cidade da Xustiza de Vigo contará con capacidade para acoller 35 unidades xudiciais e nela traballarán 500 profesionais. Ademais, as instalacións albergarán unha escola infantil con 41 prazas na que se dará prioridade aos fillos do persoal de Xustiza.

Tal e como trasladou a Delegación Territorial da Xunta en Vigo, mantense agosto de 2020 como prazo de finalización previsto para a obra, cuxa investimento roza os 40 millóns de euros.

Precisamente, este martes o director de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, visitaron o antigo hospital xunto ao arquitecto, Alfonso Penela, e colectivos que traballan neste ámbito para comprobar o avance das obras.

Neste contexto, Corina Porro puxo en valor a recuperación deste espazo público debido á súa localización no corazón da cidade. Así, avanzou que, na zona, se conxugaran a actividade comercial e o “encontro cidadán”.

Durante a visita, os participantes puideron coñecer a área da praza pública e de pilotaxe, os espazos nos que se instalará a nova sala de xuntas e un despacho piloto situado na planta número 12. Ademais, contemplaron as vistas da cidade desde o miradoiro, onde se situará unha zona de descanso.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...