O aeroporto de Vigo rexistrou un total de 495.306 pasaxeiros na primeira metade do ano, o que supón unha caída do 1,8% en comparación ao primeiro semestre do ano pasado.
Con todo, tomando como referencia o mes de xuño, esta terminal galega – ao igual ca Lavacolla e Alvedro – melloraron os seus datos. Deste xeito, con 90.194 pasaxeiros no mes de xuño, rexistra un crecemento interanual, cifrado nun 2,9%. A gran maioría dos viaxeiros (90.175) usaron voos comerciais: 88.260 nacionais e 1.915 internacionais.
Peinador operou no sexto mes do ano 938 voos, un 2,1% menos, dos cales 820 foron comerciais. Destes, 749 foron nacionais e 71 internacionais. Ademais, a terminal de carga do aeroporto superou as 28,5 toneladas de mercadoría.
Esta situación constrasta coa que se vive noutros aeroportos galegos. O aeroporto da Coruña rexistrou na primeira metade do ano un total de 647.144 pasaxeiros, o que supón un 10,7% máis que no mesmo período de 2018.
Tamén rexistra un aumento (3,9%) de viaxeiros entre xaneiro e xuño a terminal de Santiago, con máis de 1,3 millóns de usuarios. A de Alvedro é, tamén neste ámbito, a que rexistra un aumento superior, con 125.605 pasaxeiros durante o sexto mes do ano, un 17,5% máis.