InicioSociedadeLimitacións de tráfico na Autovía Vigo-O Porriño pola colocación dunha pasarela peonil

Limitacións de tráfico na Autovía Vigo-O Porriño pola colocación dunha pasarela peonil

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento executa a montaxe do van central da pasarela peonil no quilómetro 6,800 do tramo Vigo-O Porriño da autovía A-55, o que afectará o tráfico na zona en horario nocturno.

Segundo informou Fomento, durante os traballos de montaxe, produciranse afeccións ao tráfico, entre as 23,00 horas deste martes e as 6,00 horas deste mércores. “A montaxe da pasarela realízase en horario nocturno para minimizar os efectos sobre a circulación”, puntualizou. Ademais haberá o corte de circulación nun dos dous carrís de cada calzada.

A vía de servizo cortarase totalmente en sentido Vigo e, concretou Fomento, “en todo momento estará operativo un carril por cada sentido de circulación”. Ademais, ás 1,50 horas procederase a cortar totalmente o tronco da autovía durante 10 minutos para a realización das manobras de izado da pasarela nas debidas condicións de seguridade.

O desvío da vía de servizo sentido Vigo e as restricións nos carrís “estarán debidamente sinalizados“, destacou o Ministerio de Fomento.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...