InicioSociedadeTres detidos por violencia de xénero en Vigo en menos de 24...

Tres detidos por violencia de xénero en Vigo en menos de 24 horas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home  de 37 anos, R.C.G., foi detido por ameazar ao seu expaella e quebrantar unha orde de afastamento respecto dela fronte ao fillo de ambos en Vigo. Segundo recolleu a Policía Local nun comunicado, os feitos tiveron lugar este sábado ao redor das 17,00 horas nas inmediacións da rúa Sanjurjo Badía, cando a muller alertou de que a súa exparella quebrantara a orde de afastamento.

Despois de que os axentes se trasladaron á zona, a muller manifestou que se atopaba con outro home no local onde traballa cando observou chegar a súa ex parella, polo que decidiu pecharse no establecemento. Mentres, o home achegouse ao local, bateu na porta e ameazou á muller e ao seu amigo en presenza do fillo de ambos, que pasara a tarde con el. Posteriormente, os policías dirixíronse ao domicilio deste home, que negou os feitos, e detivérono.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Noutra orde de cousas, un home de 34 anos de idade nado e residente en Vigo, P.M., foi detido por un delito de violencia de xénero tras, supostamente, agredir á súa parella e romperlle o tabique nasal.

AGRESIÓN

Tamén este sábado ao redor das 7,18 horas no barrio de Coia, un home natural de Vigo de 31 anos, M.M.G., foi detido por un delito de violencia de xénero tras, supostamente, agredir á súa parella durante unha discusión.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...