Distopía, un colectivo que pon no centro a loita a favor dos animais

Entre as accións que levan a cabo, destacan a recollida de alimentos para animais, o fomento do veganismo e a axuda a persoas sen teito para que podan acceder aos albergues.

Elisa e Carlos Distopia © Miguel Nuñez

Distopía é un colectivo que busca fomentar un cambio cara a unha sociedade respectuosa co medio ambiente e que usa a acción non violenta para conseguir visibilidade e impulsar medidas nese eido. Entre os seus obxectivos está a detención do cambio climático, a loita contra os malos tratos aos animais en calquera das súas formas promover unha alimentación “sen violencia” que identifican co veganismo, é dicir, a supresión todo alimento de orixe animal na dieta humana.

Carlos e Elisa, membros do colectivo, afirman que o nome xorde como o contrario ao termo utopía: “A distopía é o mundo perverso onde actualmente estamos a vivir”. Dentro do colectivo, organizan o proxecto COECO (Colaboración entre colectivos), onde levan adiante accións conxuntas con outras organizacións “dentro duns mínimos de acordos ideolóxicos” que se condensan en que as entidades coas que colaboren non poden ser “racistas, sexistas ou homófobas e deben respectar á natureza e aos animais”

RECOLLIDAS DE ALIMENTOS PARA ANIMAIS

Entre as accións que levan a cabo, a máis comentada é a recollida de alimento para animais. Estas teñen especial incidencia no Mercado do Progreso porque “ademais de ter unha boa comunicación coa xerencia”, consideran que os mercados son lugares idóneos para facer esta acción. “Somos un colectivo ecoloxista, polo que estamos na obriga de facer pedagoxía en materia de respecto aos animais onde non a hai”.

Elisa e Carlos Distopia © Miguel Nuñez

Con isto, entre outras cousas, queren dicir que deben concienciar respecto ao veganismo porque aínda que non todos os membros de Distopía o son, “temos que fomentalo por respecto a todas as vidas”, afirman os membros de Distopía. Respecto a acollida no público, destacan que é moi positiva e que incluso “a xente incluso apoia máis que cando pides para os seres humanos”.

Toda a comida vai para as protectoras de animais da zona, que reparten cun criterio de necesidade entre as entidades coas que colaboran. “Realmente sempre acabamos traballando coa mesma xente porque soamente actuamos nesta provincia e poñemos como condición que non se reciba ningún tipo de subvención”.

OUTRAS ACCIÓNS

Tamén colaboran con ADA, unha organización que se dedica ás intervencións asistidas con animais. En concreto co proxecto XESTA, no que axudan ás persoas que viven na rúa coas súas mascotas. En concreto, acollen aos animas das persoas que non poden entrar nun albergue con eles. “Recíbese ao animal pola noite e tamén en ocasións puntuais como por exemplo se os usuarios teñen que ir ao médico. Instálanse en casas de acollida nas que poden ser recollidos máis tarde”.

Neste sentido, reclaman que o Concello de Vigo incorpore unha alternativa para que estas persoas podan acceder aos albergues “coa súa familia peluda”. En concreto, propoñen a construción de habitáculos para os animais. “Non queremos que se repitan situacións como as da unha parella desaloxada do Barrio do Cura que tivo que dar ao animal en adopción ao non poder acceder ao albergue con el”, explican os membros do colectivo.

<iframe width=”560″ height=”315″ src=”https://www.youtube.com/embed/iWzoYRiuBD4″ frameborder=”0″ allow=”accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture” allowfullscreen></iframe>

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here