InicioSociedadeO Concello de Vigo destinará máis de 240.000 euros a programas de...

O Concello de Vigo destinará máis de 240.000 euros a programas de axuda humanitaria

Tamén desvelou que o venres se porán en venda as entradas dos concertos de Castrelos.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o Concello destinará 243.000 euros a programas de cooperación internacional, axuda humanitaria e atención a colectivos “con dificultades”.

Durante unha rolda de prensa celebrada este xoves na cidade olívica, Abel Caballero concretou que se adxudicarán 20.000 euros ao programa mundial de alimentos World Food Programme co obxectivo de colaborar na a alimentación de nenos e nenas que se atopan na franxa de Gaza. A maiores, a través do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur), adxudicaranse 20.000 euros á asistencia de emerxencia para os cidadáns que se atopan desprazados no norte de Níxer.

Tamén indicou que se colaborará co programa de intervención sociosanitaria para persoas drogodependentes a través dun importe de 50.000 euros e sinalou que se destinarán 24.000 euros ao proxecto da xornada de convivencia de persoas con discapacidade intelectual da Asociación Galega de San Francisco. Así mesmo, aprobouse unha subvención de 129.000 euros co obxectivo de apoiar as accións que leva a cabo a Fundación Banco de Alimentos.

CONCERTOS

Noutra orde de cousas, o rexedor olívico avanzou que este venres se porán á venda as primeiras entradas dos concertos que se celebrarán no Auditorio do Parque de Castrelos entre xullo e agosto. En concreto, poderanse adquirir con 14 días de antelación a través da páxina web de Ataquilla ou mediante unha oficina física que estará situada na rúa Policarpo Sanz, así como no despacho de billetes que se colocará na entrada do recinto no que se celebrarán os concertos.

Así, detallou que o prezo das entradas anticipadas para os concertos oscilará entre o seis e o oito euros, mentres que as persoas que as adquiran no despacho de billetes afrontarán un custo de entre oito e dez euros.

Estes importes deberanse abonar para situarse na parte frontal do auditorio durante os espectáculos que ofrecerám Lauryn Hill (17 de xullo), Leiva (19 de xullo), Tom Jones (23 de xullo), Fangoria (24 de xullo), Rick Astley (26 de xullo) e Roger Hodgson (23 de xullo), 30 Seconds To Mars (1 de agosto). Ademais, Furious Monkey House, Xoel López e Vetusta Morla subiranse ao escenario o 2 de agosto e David Bisbal pechará o ciclo cultural o día 8.Abel Caballero tamén lembrou que os concertos e representacións infantís e a actuación da Coral Casabranca serán gratuítos.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...