Povisa comeza a aplicar a cirurxía radioguiada para extirpar lesións ocultas de cancro de mama

Optar por esta técnica permite evitar a extirpación mediante arpones metálicos, que pode provocar infeccións, sangrados e desprazamentos.

Hospital POVISA / © Miguel Núñez

O hospital Povisa de Vigo comezou a aplicar a cirurxía radioguiada para extirpar lesións ocultas de cancro mama co obxectivo de reducir o impacto estético e as molestias derivadas da intervención, así como de asegurar a non persistencia de células danadas en zonas anexas.

Tal e como destacou Povisa nun comunicado, a técnica aplícase en casos de lesións ocultas asintomáticas que se sospeite que poidan ser malignas. Así, tras detectar a súa presenza mediante estudos de cribado, inxéctase o radiofármaco.

O desenvolvemento de campañas de detección temperá de casos de cancro de mama e a mellora das técnicas de diagnóstico da patoloxía permitiron que se aumentaron o número de lesións non palpables detectadas durante os últimos anos.

Ademais, optar pola cirurxía radioguiada permite evitar a extirpación mediante arpones metálicos, que pode provocar infeccións, sangrados e desprazamentos. O hospital tamén apuntou que a utilización desta última técnica pode levar extirpaciones de órganos incompletas que requiran intervencións posteriores.