InicioVigo e contornaVigoO Vigo Seafest: Gastronomía, música e deporte ao servizo do mar

O Vigo Seafest: Gastronomía, música e deporte ao servizo do mar

O festival organizado pola Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (Arvi) terá lugar entre o 4 e o 7 de xuño no Náutico da cidade olívica. Na súa presentación, Abel Caballero apuntou que o evento representaba "todo o que fai a Vigo cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Primeiro somos Vigo, second we are sea and third fest”. Con esta incursión inglés que xa non é sorpresa para os vigueses, Abel Caballero comezaba a súa intervención na presentación do Vigo SeaFest 2019, a terceira edición do festival organizado pola Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (Arvi) que se celebrará entre o 4 e o 7 de xuño no Náutico da cidade olívica. Un evento que combina a mellor gastronomía con produtos con actividades deportivas e actuacións musicais co mar como eixo común.

Caballero explicou que para el a proposta é moi importante porque “o SeaFest conxuga todo o que fai a Vigo cidade: O mar é a nosa forma de facer economía pero sempre cun inmenso respecto polo medio”. Para o rexedor o eixo central da vida en Vigo “é o consumo de pescado pero dun xeito sostible”. O rexedor incidiu en que é fundamental garantir que haxa máis pesca “nos tempos dos nosos netos” que agora. Ademais, rexeitou a presenza de plásticos no mar.

Os embaixadores do festival este ano son os irmáns Torres. Os cataláns, dous dos cociñeiros máis mediáticos do Estado, realizarán demostracións de cociña en directo e ofrecerán unha degustación de tapas nos postos de cociña. Ademais, participarán doce cociñeiros de prestixio de Galicia e Portugal, sempre co obxectivo de explorar as posibilidades culinarias dos produtos pesqueiros. O rexedor vigués sinalou que os chefs fan produtos extraordinarios pero reivindicou o papel do conxunto de persoas que fan o festival posible: “Ten que funcionar o resto da cadea para que isto vaia a andar, e iso é a posta en valor do SeaFest”.

O recinto do Vigo SeaFest 2019 contará con stands gastronómicos que estarán operativos dende as 12:00 ata as 00:00, o que permitirá aos asistentes consumir durante toda a xornada tapas ou pequenos pratos elaborados con produtos marítimos tan diferentes como a pescada, o rapante, o calamar, o bacallau ou o lagostino.

DEPORTE, VISITAS E CONCERTOS

A organización deste evento multidisciplinar agarda recibir nas tres xornadas un total de 100.000 persoas que poderán desfrutar de actividades para todas as idades. Un visitante poderá desfrutar de presencia competicións actividades deportivas acuáticas como vela, kayak ou waterpolo, se é do seu interese, ou acudir ás visitas guiadas a lugares como a lonxa de Vigo ou un buque pesqueiro. Estas actividades son similares ás que se podían desfrutar no festival o ano pasado.

Por outra banda, está programada unha moi rica oferta musical, que busca reeditar o éxito que tiveron as actuacións do pasado ano. En dous escenarios diferentes, destacan os concertos de  bandas como Aurora & The Betrayers -que repiten no festival coa súa mestura entre folk americano, soul e R&B- ou The Secret Investments, unha banda de raíces similares á anterior pero cunha aposta forte polas melodías orgánicas e o groove.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...